sábado, 5 de octubre de 2013

Pai



 Pai


Tirar de memoria,
imaxe desdibuxada.
Esquecídos detalles,
por tanto sen ollarte.
Tanto daria meu pai,
por sentirte a carón.
Soñéite ben anos,
sen querer soñarte.
Tan mal despedído,
apenas un lóstrego.
Volto a meniña,
cando me fas tanta falla.
Meu pai queridíño,
sego a falarche.
En canto un apuro...
pídoche consello.
En canto máis cumplo,
non noto distancia.
Nin canas que péine,
me alonxan de ti.
Alicerces moi fondos,
ancorados quedaron.
Guían os pasos,
que un dia afianzáche.
Ben mo avisáche,
que nada hai fácil.
Terápia de pai,
aínda me sana.
Máis a túa imáxe,
esvaéce segun son.
A esencia máis pura,
resíduo esencial.
Isa non! Isa gaña.
arrecendéndo cada dia.
Pai...meu pai,
sempre a canda min.

De cando Manuel Prieto,
no serán, aqui.

Marité Prieto
Tódolos deréitos reservados

Paixón oculta




Paixón oculta

Baixo codia dura,
xugosamente habita.
Paixón oculta,
na espera da expresión.
Poucos sospéitan,
o que latexa moi dentro.
Quen se atreve,
acha a marabilla.
Ó minuto esquece corazas,
no deléite embriagádo.
Paralelísmos,
amigo...paralelísmos.

Marité Prieto
Tódolos dereitos reservados

Miña por sempre


Miña por sempre

Insolente,
en excesos.
Capaz,
de susúrros, ferinte por veces.
Balbuceánte ante ti,
observador do aceno.
Golósa,
cando salínamente apareces.
Apertáda,
por non soltar o que quixéra.
Inocente,
no mencer de agasallo.
Lenta,
cando a obertúra escomeza.
Aberta,
da sorpresa incomprensíbel.
Pecháda,
en contención.
Sorrínte,
en descaro por feliz.
Irreverente,
de manifestación en vontáde
Miña sempre,
túa por veces.

De cando un ten beizos cheos de voz.

Marité Prieto
Tódolos deréitos reservados

miércoles, 2 de octubre de 2013

Princesa da noite





Princesa da noite




Non era medo a voar,
si, tremendo a chóiva.

Refuxiáda no humano cotián,

tentóu a invisibilidáde.

Autoexcusada na sinxeleza,

pousóu discreta.

Matemáticamente dispostas,

escamiñas leves nas ás.

Confiáda na noite,

sen competir nunca en cores.

Determinada a vivir,

escasas horas.

Cumprimento leal,

na súa ascensión.

O dia rebelóuna fráxil,

sen ela saber.

Na descoberta despegóu,

incáuta inocente.

Fora de territorio amigo,

batéuse incontroláda.

Non era morta aínda,

cando o supuxeron.

Coma princesa sen reino,

enterrada sen lustre.

Nunca se enteróu,

que foi a miña emoción.

Queda lixéiro po de nobreza,

no ollo vítreo de quen a retrata.


Abelaíña, princesa da noite...

cartéira de sonos pirméiros.

Agóchate dos ráios do sol,

que ilumina a quen irísa en cores.


Agasállo en gris,

nos pirméiros de outono.


De cando se muda as noites longas.


Marité Prieto

Tódolos deréitos reservados

lunes, 30 de septiembre de 2013

As cinco

As cinco



As cinco, por fin,
eran as cinco.

Denantes contéi cada segundo,

de golpe, as escadas abáixo.

As cinco!

retumbaron as badaladas.

e catro, tres, dúas: xa!.

as cinco, porta fora.

Beizos brilantes,

a sáia no seu xusto lugar.

O móbil na man,

canto tarda en soar.

A túa voz,

entéira recitándome.

As cinco,

tardaron en chegar.

As nove,

non quero.

As doce,

pasóu tanto?

Vóu apurar a durmir.

As oito,

Correréi axíña,

as doce....perto das cinco.

Un dia máis.


Para cando soño doce de doce.

Marité Prieto

Cantando un alalá

Cantando un alalá


A contención tiña custo,
un tran-tran no corazón.

Lonxe de amoldarse,

calaba.

Na cabeza mil idéas,

de fondo o zumbído.

Víñan as ganas de expresar,

pero mordéu a língua.

Probóu coa mirada,

rumiánte de hastío.

O zoar transformóuse en adagio,

e no péito o sosego.

Maxinóuse noutro traxe,

escoitando aquel balbordo.

Mil nascéncias precisaba,

e tiróu a toalla.

Deixóu de oir,

e bailába agora unha mazurka.

Pasaban por diante fugaces,

silabas soltas, que non entendía.

Movimentos oculares,

mans axitándo en explicacións.

Danzába, danzaba sóa,

sen que ninguén se decatara.

Arte no desemulo,

enxaulába os pensamentos.

Libre ao fin,

cando remataron.

Respostóu cantando un alalá.

Tampóuco entenderon.


Idiomas paralelos,

para encontros desencontrádos.


De canto Babel non é nome de muller.

Marité Prieto
Tódolos deréitos reservados

Coma un cepo


 Coma un cepo


Durmir coma un cepo.
Macizo.
Rotundo.
Ancorádo.
Elevado.
Duro.
Sen savia.
Seco.
Sen sentir.
Sen mans.
Con pes.
Sen altura.
Con miólo.
Con peso.
Con territorio.
Sen fronteiras.
Só.
Con ceo.
Atmosféricamente situado.
Asi.
E o sono.
Ven amado.
Como cada dia fel.
Como cada dia correspondo.
Xuntos no sen-sentir.
Cando estes desaparecen.
Ambrosía do onírico.
Desexósa son.

De cando a mente escoméza a irse,
é eu con ela.

As veces na noite.



As veces na noite.


As veces nace a noite,
e ven con melancolía.
A escuridade e a mesma,
pero ti vela máis moura.
As veces, násceche,
unha noite no péito.
Pesada ao respirar,
sen luar que te alume.
As veces, xiras no pensar,
e na rolda te atrapas.
As veces, fáise curto o dia,
e trémese o longo escuro.
As veces, perdes a noción,
de saber que axíña amence.
As veces,
queres estar en mañá.
As veces....

De cando tes noite en ti

Marité Prieto
Tódolos deréitos reservados.

Case nunca sentia



 Case nunca sentia

Case nunca sentia iso,

que chaman soedáde.

Non habia inverno triste,

nin carreiros solitarios.

Farolas altivas,

coma ollo vixiánte.

Mesas na rúa,

oferentes de ambrosía.

Nin lama nos zapatos,

nin landras caendo no chan.

Viciños enriba,

embaixo un mesón.

Unha gloria ver xente,

avanzando en ringléiras.

Apuróu o vaso nun grolo,

bolso e bastón.

Dez minutos de bus,

casiña!: noso siñor.

Ollóu a fiestra,

que tanto lle daba.

O presentador chiscóulle un ollo,

ela correspondéu.

Case nunca sentía.


De cando un mesmo.
Marité Prieto.
Tódolos dereitos reservados.

viernes, 23 de agosto de 2013

Pregues

Pregues

A base de emocións,
ía transformando.
Nos espacios fondos,
músicas.
Violins, pandéiretas,

obóes, saxos.
Os acordes, mudabánme,
enchían os ollos de bágoas.
Pregues, cheos de murmurios,
cincelados dende antergo.
Palabras combinadas,
en puro lirísmo.
Letras de denuncia,
a boca chea berradas.
Susurros de amor,
sen remate no vogalizar.
Nas fisuras, olladas,
reveladas en cores.
Imaxes de anos,
cadros da memoria.
Na tona, os sabores,
doces a carón dos salgados.
Ácedos como a lima,
picantes por veces.
Ondulante na forma,

de agarímos amasada.
Dóurada polo sol,
escacháda no inverno.
Esperando primaveras,
de gaivotas en cortexos.
Declamando a historia,
viva por ter vivído.
 
De cando se observa a vida,
quedando menos da media


Sobreguexe en Agosto do 2013

jueves, 22 de agosto de 2013

Memorias

    Memorias 

Perdendo memorias,
esquecéra xa cando.
Fora unha serán, 
en forma sobre outra.
Brilante e ostentósa,
relocíu o derradéiro solar.

Estendéuse ocupante.
canto púido exhibíu.
En pouco, a choiva,
despois a noite longa.
Desaparecéu o destello,
misturóuse na base.
Nasceron ocres delicados,
sienas quentados o sol.
Invisíbel aparentaba,
en forxa temporal.
Esquecera cando,
mais sabía o lugar.
Corréran axiña estacións,
perdera a conta.
Permanecía oferente,
con ferrúxe por velo.
Gostóu da calidez,
do soporte compañéiro.
Todo era un,
xa non había fulgor.
Era transformación,
crisálida caducáda.
Volvoreta agónica,
sen mágoa do fin.




 



lunes, 19 de agosto de 2013

Un segundo


Un segundo,
a importancia do tempo.
Nun segundo despois,
non tería morto.
Un segundo,
non tería visto o miñato.
Nun segundo,
tería pousado o pe.
Un segundo,
non sería fecundádo o meu ventre.
Un segundo,
nin te ollaría.
Un segundo,
porqué o esperéi...
Un segundo,
a estrela da miña sorte.
Un segundo,
tocóulle a outro.
Un segundo,
cabe nel.
O mundo entéiro,
explotando.
Un segundo,
suplíco a Einstein.
Un segundo,
escapo de relatividádes.
Nun segundo,
estóu.

domingo, 18 de agosto de 2013

O big bang

 Big bang


Alí estaba, alimentándome de nada,
conformada con todo.
Na atalaia sentada,
enchéndome de arrecendos.
Oíndo o sibilar dos meus pulmóns,
pasos ao longo do pasillo.
Non alcendín a lus,
quedéi a espera .
Os sons coñecidos, 
tiñan outra dimensión.
Oín o meu nome,
non me movín.
Adiviñache  o lugar,
o sitio exacto.
Silenzo espeso,
a noite pecha.
O peito coma un fol,
a dous acompasado.
Pasaron anos,
vendo nebulosas.
Nascéronme ás,
que te voaron.
Rachou a noite,
fóise o silencio.
O big-bang,
nun metro cadrado.
Fai décadas,
e aínda brilan estrelas.



Apresentándome: Asi nascin

Asi  nacin no cibercespacio, naveguéi en proa, recaléi  en portos, e atopéi a moitos que a vida foron enchendo.

Lonxe de lastrarme,  quedéime case espida, lixéira na equipaxe, e o corazón chéo.

Escomezo outra viaxe, precisa tal vez; ou tal vez efímera no devagar. Nada me pregunto. Recollo o que atopo, e con eso subsisto.

Coma unha meniña, ante un xoguete, que descoñece. Aqui me sitúo. Aqui chego.

Bemvidos aos chegados, bemvidos os de visita veloz. Bemvidos todos.