viernes, 23 de agosto de 2013

Pregues

Pregues

A base de emocións,
ía transformando.
Nos espacios fondos,
músicas.
Violins, pandéiretas,

obóes, saxos.
Os acordes, mudabánme,
enchían os ollos de bágoas.
Pregues, cheos de murmurios,
cincelados dende antergo.
Palabras combinadas,
en puro lirísmo.
Letras de denuncia,
a boca chea berradas.
Susurros de amor,
sen remate no vogalizar.
Nas fisuras, olladas,
reveladas en cores.
Imaxes de anos,
cadros da memoria.
Na tona, os sabores,
doces a carón dos salgados.
Ácedos como a lima,
picantes por veces.
Ondulante na forma,

de agarímos amasada.
Dóurada polo sol,
escacháda no inverno.
Esperando primaveras,
de gaivotas en cortexos.
Declamando a historia,
viva por ter vivído.
 
De cando se observa a vida,
quedando menos da media


Sobreguexe en Agosto do 2013

jueves, 22 de agosto de 2013

Memorias

    Memorias 

Perdendo memorias,
esquecéra xa cando.
Fora unha serán, 
en forma sobre outra.
Brilante e ostentósa,
relocíu o derradéiro solar.

Estendéuse ocupante.
canto púido exhibíu.
En pouco, a choiva,
despois a noite longa.
Desaparecéu o destello,
misturóuse na base.
Nasceron ocres delicados,
sienas quentados o sol.
Invisíbel aparentaba,
en forxa temporal.
Esquecera cando,
mais sabía o lugar.
Corréran axiña estacións,
perdera a conta.
Permanecía oferente,
con ferrúxe por velo.
Gostóu da calidez,
do soporte compañéiro.
Todo era un,
xa non había fulgor.
Era transformación,
crisálida caducáda.
Volvoreta agónica,
sen mágoa do fin.




 



lunes, 19 de agosto de 2013

Un segundo


Un segundo,
a importancia do tempo.
Nun segundo despois,
non tería morto.
Un segundo,
non tería visto o miñato.
Nun segundo,
tería pousado o pe.
Un segundo,
non sería fecundádo o meu ventre.
Un segundo,
nin te ollaría.
Un segundo,
porqué o esperéi...
Un segundo,
a estrela da miña sorte.
Un segundo,
tocóulle a outro.
Un segundo,
cabe nel.
O mundo entéiro,
explotando.
Un segundo,
suplíco a Einstein.
Un segundo,
escapo de relatividádes.
Nun segundo,
estóu.

domingo, 18 de agosto de 2013

O big bang

 Big bang


Alí estaba, alimentándome de nada,
conformada con todo.
Na atalaia sentada,
enchéndome de arrecendos.
Oíndo o sibilar dos meus pulmóns,
pasos ao longo do pasillo.
Non alcendín a lus,
quedéi a espera .
Os sons coñecidos, 
tiñan outra dimensión.
Oín o meu nome,
non me movín.
Adiviñache  o lugar,
o sitio exacto.
Silenzo espeso,
a noite pecha.
O peito coma un fol,
a dous acompasado.
Pasaron anos,
vendo nebulosas.
Nascéronme ás,
que te voaron.
Rachou a noite,
fóise o silencio.
O big-bang,
nun metro cadrado.
Fai décadas,
e aínda brilan estrelas.



Apresentándome: Asi nascin

Asi  nacin no cibercespacio, naveguéi en proa, recaléi  en portos, e atopéi a moitos que a vida foron enchendo.

Lonxe de lastrarme,  quedéime case espida, lixéira na equipaxe, e o corazón chéo.

Escomezo outra viaxe, precisa tal vez; ou tal vez efímera no devagar. Nada me pregunto. Recollo o que atopo, e con eso subsisto.

Coma unha meniña, ante un xoguete, que descoñece. Aqui me sitúo. Aqui chego.

Bemvidos aos chegados, bemvidos os de visita veloz. Bemvidos todos.