sábado, 5 de octubre de 2013

Pai



 Pai


Tirar de memoria,
imaxe desdibuxada.
Esquecídos detalles,
por tanto sen ollarte.
Tanto daria meu pai,
por sentirte a carón.
Soñéite ben anos,
sen querer soñarte.
Tan mal despedído,
apenas un lóstrego.
Volto a meniña,
cando me fas tanta falla.
Meu pai queridíño,
sego a falarche.
En canto un apuro...
pídoche consello.
En canto máis cumplo,
non noto distancia.
Nin canas que péine,
me alonxan de ti.
Alicerces moi fondos,
ancorados quedaron.
Guían os pasos,
que un dia afianzáche.
Ben mo avisáche,
que nada hai fácil.
Terápia de pai,
aínda me sana.
Máis a túa imáxe,
esvaéce segun son.
A esencia máis pura,
resíduo esencial.
Isa non! Isa gaña.
arrecendéndo cada dia.
Pai...meu pai,
sempre a canda min.

De cando Manuel Prieto,
no serán, aqui.

Marité Prieto
Tódolos deréitos reservados

Paixón oculta




Paixón oculta

Baixo codia dura,
xugosamente habita.
Paixón oculta,
na espera da expresión.
Poucos sospéitan,
o que latexa moi dentro.
Quen se atreve,
acha a marabilla.
Ó minuto esquece corazas,
no deléite embriagádo.
Paralelísmos,
amigo...paralelísmos.

Marité Prieto
Tódolos dereitos reservados

Miña por sempre


Miña por sempre

Insolente,
en excesos.
Capaz,
de susúrros, ferinte por veces.
Balbuceánte ante ti,
observador do aceno.
Golósa,
cando salínamente apareces.
Apertáda,
por non soltar o que quixéra.
Inocente,
no mencer de agasallo.
Lenta,
cando a obertúra escomeza.
Aberta,
da sorpresa incomprensíbel.
Pecháda,
en contención.
Sorrínte,
en descaro por feliz.
Irreverente,
de manifestación en vontáde
Miña sempre,
túa por veces.

De cando un ten beizos cheos de voz.

Marité Prieto
Tódolos deréitos reservados

miércoles, 2 de octubre de 2013

Princesa da noite





Princesa da noite




Non era medo a voar,
si, tremendo a chóiva.

Refuxiáda no humano cotián,

tentóu a invisibilidáde.

Autoexcusada na sinxeleza,

pousóu discreta.

Matemáticamente dispostas,

escamiñas leves nas ás.

Confiáda na noite,

sen competir nunca en cores.

Determinada a vivir,

escasas horas.

Cumprimento leal,

na súa ascensión.

O dia rebelóuna fráxil,

sen ela saber.

Na descoberta despegóu,

incáuta inocente.

Fora de territorio amigo,

batéuse incontroláda.

Non era morta aínda,

cando o supuxeron.

Coma princesa sen reino,

enterrada sen lustre.

Nunca se enteróu,

que foi a miña emoción.

Queda lixéiro po de nobreza,

no ollo vítreo de quen a retrata.


Abelaíña, princesa da noite...

cartéira de sonos pirméiros.

Agóchate dos ráios do sol,

que ilumina a quen irísa en cores.


Agasállo en gris,

nos pirméiros de outono.


De cando se muda as noites longas.


Marité Prieto

Tódolos deréitos reservados